CONVIVENCIA DAS MOZAS E MOZOS DA PARROQUIA

Tódolos grupos de mozos e mozas da parroquia, dende 1º de ESO ata os maiores de 2º de BACH, imos xuntarnos e disfrutar dun fin de semana de convivencia na Gafa, en Portosín, serán os días 28 e 29 de novembro, así que XA VOS CONTAREMOS UN POUQUIÑO DESES DÍAS… porque temos moitas ganas de pasalo ben!!! Saúdos!!!

CINEFORUM

O día 30 de putubro DE 2009 fixemos un cinefórum na parroquia.

Xuntámonos ás 20 horas, eramos un bo grupiño, pero esperamos ser máis para a próxima… Tiñamos varias opción, así que eliximos a película por votación popular.

A gañadora foi “La ola”, film alemán, recoñecido con moitos premios, que amosa unha experiencia nunha aula na que se intentou nun período determinado impoñer unha serie de regras e normas, e sorprendentemente, os alumnos e alumnas responderon cun grande compromiso, quizais demasiado…

Despois da película, a conversa foi animada e moi participativa, era moi sinxelo falar dunha película que nos causou a todos unha grande sorpresa e inquietude, moito que comentar e moito polo que preguntarnos a nós mesmos… MOI RECOMENDABLE!!! Non vola podedes perder! Un saúdo e esperamos que nos acompañedes na próxima…!!!